Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Delitos informáticos

Avisan dun intento de fraude no nome da Axencia Tributaria

Unha vaga de correos electrónicos lixo pretendía obter datos bancarios dos internautas prometendo unha falsa devolución de impostos.

Redacción - 14:00 02/09/2009
Nota de prensa na auténtica web da Axencia Tributaria

Nota de prensa na auténtica web da Axencia Tributaria

Nestes últimos días produciuse un envío masivo de correos electrónicos lixo que, asemade, pretendían facerse pasar por comunicacións da Axencia Tributaria. As mensaxes informaban dun suposto reembolso de impostos para a persoa receptora da mensaxe, concretamente de 186,80 euros, e parecían proceder do enderezo impuestos@aeat.es.

A Axencia Tributaria xa fixo público un comunicado onde explica que se trata dun intento de fraude que usa fraudulentamente o seu nome e imaxe para obter datos persoais mediante o que se coñece tecnicamente como phishing. O Ministerio asegura que nunca solicitará información confidencial dos contribuíntes mediante correo electrónico.

A mensaxe fraudulenta non levaba á web da Axencia Tributaria, senón a un subdominio -probabelmente pirateado- dunha empresa alemá de froitas que á súa vez redirixía a un enderezo IP de Irlanda onde se aloxaba unha páxina co aspecto da do organismo gobernamental español. Nela pedíase o nome e apelidos, o número de tarxeta de crédito e mais o número PIN da tarxeta, coa intención última de obter o diñeiro das persoas que caesen no engano.

Para aparentar máis críbel, ademais de usar o logotipo e o estilo da web da Axencia Tributaria, enmascaraba o enderezo IP na barra de enderezos do navegador e incluía unha falsa referencia á web da axencia tributaria, escrita incorrectamente como "agenciatributariaa.es", dominio que non existe. Os textos non conteñen faltas de ortografía ou de sintaxe notábeis como noutros correos lixo, aínda que si un estilo impropio dun organismo público do Estado Español.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: