A Asemblea Nacional de Venezuela aprobou por unanimidade en primeira discusión un proxecto de lei que prohibirá os videoxogos e xoguetes bélicos para "combater a agresividade e a violencia en nenos e adolescentes", informou a cámara lexislativa no seu portal de Internet.
O texto legal prohibe "a fabricación, importación, distribución, venda, renda e uso de videoxogos e xoguetes bélicos", xa que entende que o xogo é "unha recreación que desenvolve capacidades que repercutirán nas futuras actuacións" dos nenos, segundo o comunicado.
Os lexisladores destacaron que pretenden avanzar cara a "unha cultura da non violencia", pois a violencia no xogo "é trasladada á vida cotiá do menor ".
A norma considera como xoguetes bélicos as "réplicas de armas de fogo, armas brancas e calquera outra manifestación tanxíbel de agresividade" e que "podan ser usado incluso polos delincuentes".
Pola súa banda, os videoxogos bélicos serían aqueles que "impliquen a utilización de armas, ou onde a destrución e a violencia constitúa o elemento esencial para obter o triunfo".
A proposta tamén prohibe aos medios de comunicación emitir publicidade destes xogos e obrígaos a difundir campañas permanentes que destaquen a importancia de non utilizalos.