Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Polémica norma en elaboración

O Reino Unido lexisla para bloquearlle a conexión a quen intercambie música e filmes

De saír adiante o proxecto, o executivo enviará cartas "preventivas" a usuarios de P2P e poderá obrigar as operadoras a cortar conexións.

Redacción - 12:05 25/08/2009

Informes da propia administración británica cualificaran de excesivas algunhas das ideas manexadas desde hai meses, como era o caso da posibilidade de obrigar as operadoras a reducir a velocidade das conexións de usuarios de P2P. Paradoxalmente, agora transcende que a lexislación en proceso non só non afrouxa aquelas iniciativas senón que mesmo endurece a persecución por parte do goberno sobre os internautas que comparten arquivos.

"As propostas previas, aínda que robustas, necesitarían dunha inaceptábel cantidade de tempo para completarse nunha situación que require de acción urxente", expón o borrador do novo plan, tal e como revela este martes o xornal británico The Guardian.

A publicación especula coa posibilidade de que a viraxe na postura do goberno teña que ver coa recente xuntanza de Peter Mandelson, secretario de Estado para Empresa e Innovación, con altos representantes da industria audiovisual, ao fío da cal se falou dun posíbel "pacto secreto" en favor das belixerantes posicións maioritarias que sobre este tema manteñen a industria da música e o cinema.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: