Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POLÍTICA MUNICIPAL

O PPdeG cre que as eleccións do pasado 1 de marzo produciron unha fenda nos pactos entre socialistas e nacionalistas

Os conservadores prognostican até 2011 unha "espiral de rupturas" nos bipartitos locais.

Redacción - 15:20 23/08/2009

Os pactos entre socialistas e nacionalistas van sufrir moito nos vindeiros 21 meses. Isto é polo menos o que augura o PPdeG nun comunicado que fixo chegar este domingo aos medios de comunicación. Segundo os conservadores a última crise vivida en Portomarín é un exemplo que se suma a outras “rupturas” anteriores nos “bigobernos de Noia, Vilariño de Conso, Gondomar e Fene”. Os 'populares' buscan a orixe destas crises no resultado dos comicios autonómicos.

O comunicado chegue poucos días antes de que o PPdeG dea por iniciado oficialmente o novo curso político. Alberto Núñez Feijoo e o presidente do PP español, Mariano Rajoy, darán o pistoletazo de saída o vindeiro sábado en Soutomaior. Os conservadores teñen como obxectivo primordial a medio prazo recuperar o terreo perdido nos gobernos locais, especialmente nas cidades e nalgunhas cabezas de comarca.


2,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: