Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INCREMÉNTASE A VIOLENCIA LOGO DO GOLPE

Honduras, o abuso sexual como arma de represión política

O movemento feminista americano ultima un informe das violacións a mulleres. En poucas semanas chegará a Nacións Unidas e ao goberno de EUA.
 

Redacción - 11:20 22/08/2009

Durante toda esta semana, feministas de Canadá, EUA, México, Guatemala, El Salvador e Costa Rico participaron en Tegucigalpa nun Observatorio Feminista que analizou a situación que se vive en Honduras dende que triunfou o golpe de estado o pasado 28 de xuño.
No informe final das xornadas afírmase que as mulleres hondureñas están a participar masivamente nas manifestacións contra o goberno ilexítimo de Roberto Micheletti. No documento denúncianse que membros do exército e da policía hondureña teñen participado en abusos sexuais contra mulleres que participan nas protestas.

O colectivo feminista Petateras denuncia dous casos especialmente graves: o de Irma Villanueva e o da monxa Reyna del Carmen Rodríguez. A primeira delas foi detida durante unha manifestación e violada por catro policías, que incluso chegaron a introducirlle unha porra na vaxina. Logo da violación fi abandonada nun descampado. No caso de Reyna del Carmen Rodríguez, que pertence á Congregación de Educadoras de Notre-Dame, tamén denunciou tocamentos, insultos e a ameaza de introducirlle unha porra na vaxina. Dende este colectivo asegura que estes dous casos só son dous exemplos dos numerosos casos que se están a dar.

Mobilización internacional
As asociacións feministas desprazadas até Honduras elaboraron un informe que nas vindeiras semanas vaille ser entregado ao secretario xeral de Nacións Unidas e a altos cargos do goberno de EUA, que teñen previsto recibir a estas organizacións no vindeiro mes de outubro.

A misión feminista en Honduras estivo composta polas seguintes organizacións: Petateras (Mesoamerica), JASS (Just Associates), Radio Internacional Feminista- FIRE (Costa Rica), a Nobel Women's Iniatitive (NWI) e o Consorcio para el Diálogo Parlamentario y la Equidad, (México). Tamén acudiron canda elas, especialistas e académicas das universidades de de Denver e Harvard (EUA) e da de San Carlos (Guatemala)


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: