Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A Polo Ghit 2009

Quixotes, astronautas, fanecas, garotas... cócense ghits!

Sprint final musical. De aquí nunha semana coñeceremos a decisión do xurado. E ti que opinas?

Redacción - 12:40 22/08/2009

Saben dun tal Xoán, "un home de ben ao ke lle justa madrujar, ainda non pasaron as leiteiras e el xa está a traballar"? Saben quen di iso de "Pista arriba, ghasolina e tira pa´ Hawai"? Escoitaron ese retrouso que di "que sorte que non son perfecta"?

Oíron quen vendeu montes e leiras, puxo tetas e mercou trapos? Son vostedes dos que lle presta o de "ponme unha birriña" ... Zurito, corto, caña, tubo, tercio ou botellín?É unha festa total "se remata en sexo oral"? Es "dos que non lle justa o mar"?Coñecen alguén que, "xa de pequeniño, apuntaba capitán"? "Son xigantes, amigo Sancho"? "Es dos que soen despegar para sobrevoar a lúa"?

Estas e outras incógnitas, retrousos e animacións, na escolma de finalistas de A Polo Ghit 2009. Podedes votar deica o xoves día 27 ás 12 horas, momento en que remata o prazo. O ghit do verán 2009 elixido polo xurado será coñecido o sábado 29 de agosto.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: