Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Miranda responde a López Vidal

O PP defende que en cen días licitaron "o triplo de obra pública" que o bipartito

O voceiro do PPdeG destaca que o plan de infraestruturas do Goberno chimpará de 284 a 636 quilómetros de vías de alta capacidade até 2015.

Redacción - 18:00 19/08/2009

Desde mediados de abril e até finais do mes de xullo "licitáronse contratos de obra pública por máis de 30 millóns de euros", mentres que de agosto a novembro de 2005, o volume acadou "pouco máis dos 7 millóns". Con ese balance, o voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, argumentaba este mércores que o actual Goberno licitou "un 315% máis" nos seus primeiros cen días respecto das cifras do bipartito en idéntico período.

De paso, Rodríguez Miranda salientou que o Plan de Infraestruturas que deseña o equipo do PP na Xunta conleva a construción de 352 novos quilómetros de autovías. "Galiza pasará de 284 a 636 quilómetros de vías de alta capacidade entre 2009 e 2015", subliñou así o deputado do PpdeG en resposta ás declaracións este mesmo mércores do socialista Pablo López Vidal. Nese sentido, Miranda acusou os socialistas de baseárense en "descualificacións e manipulación". Asegurou o representante do PP que o plan permitirá impulsar unha rede que "sitúe ao 80% da poboación galega a menos de 10 minutos dunha vía de alta capacidade" e atribuíulle os problemas da execución en varias vías do país á herdanza "dos problemas do bipartito, que foi incapaz de rematalas".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: