Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Dez días de concertos

A homenaxe a Galiza do festival de An Oriant pecha coa música de Susana Seivane

Logo de presentar disco oficialmente en Ortigueira, a gaiteira tivo o privilexio de pechar festa en terras bretoas.

Redacción - 12:15 13/08/2009

'Os soños que volven', cuarto disco de Susana Seivane, ambientou o pavillón da festa galega en An Oriant o pasado domingo, na clausura do ano adicado a Galiza no máis importante festival celta. Foi a clausura de dez días de concertos que incluíron a viaxe de diversos grupos galegos.

"Susana fixo gala das súas mellores maneiras cun concerto animado e con forza que deleitou ao público de varias nacionalidades que ateigaba a carpa", explican desde a discográfica da gaiteira, recordando que xa o día anterior, a Seivane xuntara máis de 7 mil persoas no recinto do Porto de Pesca onde ofreceu outro concerto. "A nova obra de Susana tivo moi boa acollida entre o público e moita repercusión nos medios de comunicación da Bretaña, ronde é moi coñecida e apreciada", engaden. De volta por terras galegas, a Seivane segue xira cun concerto en Miño este sábado 15 e outro en Malpica o día 22.

Recordámoslles que durante o evento pasaron por terras bretoas Alberto Coya e Alba Gutiérrez, Edelmiro Fernández, Marta Quintana e a súa banda, Bellon-Maceiras Quinteto, Fía na Roca, Berrogüetto, Rosa Cedrón, Cristina Pato, Soas, Limagoia, Crema de Gaita, Espido, Pablo Carpintero, Anxo Lorenzo Band, Emilio Cao, Isga Collective, Ialma, Licor Kafé, Lulavai, Dúo de Arpa Céltica e Violín, BoNoVo, Faltriqueira ou Lamatumbá.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: