O goberno pechou unha canle de televisión logo da emisión dun programa no que un cidadán falaba das súas experiencias sexuais.
As les saudís prohiben a difusión de todo tipo de contidos sexuais
Todo comezou cando Mazen Abdul-Jawad, un home divorciado de 32 anos e con catro fillos, xa alcumado como o sedutor saudí, apareceu na canle de televisión LBC ofrecendo consellos para que as parellas mellorasen a súa vida sexual. As consecuencias foron inmediatas: as autoridades de Arabia Saudí pecharon a canle televisiva logo da emisión do programa e, ademais, tanto o protagonista como os que participaron na elaboración da reportaxe foron detidos.
En concreto, o espazo emitido pola canle libanesa ofreceu a imaxe de Jawad, conducindo até ao seu cuarto ás cámaras de televisión. Alí, o condutor do programa preséntao como "un home que entende das mulleres" e el explica como perdeu a virxindade, ofrece información sobre xoguetes eróticos ou fala cun grupo de amigos sobre as súas preferencias na cama.
Segundo as autoridades do país, en ningún momento pediron os permisos necesarios para a emisión deste documental. O protagonista desta historia está agora acusado de atentar contra a moralidade e difundir o vicio e pode mesmo chegar a ser condenado a pena de morte xa que a difusión de contidos sexuais está totalmente prohibida no país.