Os socialistas pídenlle á Xunta que "aposten por Galiza e os galegos" e censuran que o Goberno mira "polos intereses duns poucos e contra a maioría".
"Un día falan de austeridade e ao seguinte malgastan os fondos públicos", censurou este mércores o portavoz de Economía e Industria do grupo parlamentario do PSdeG, Abel Losada, logo de coñecerse a decisión da Xunta de derrogar o decreto eólico que deixou aprobado o bipartito.
Para Abel Losada, este anuncio implica que o Goberno "vai paralizar e hipotecar" un sector económico clave para Galiza. Censurou o deputado socialista que o PP "unha vez mais amosa unha faciana e practica outra", agoirando que esta derrogación implicará "un custe económico moi importante para os arcas públicas galegas" que dificilmente encaixa coa "austeridade" prometida por Núñez Feijoo. Insistiu Losada en que os beneficiarios da concesión "teñen dereitos adquiridos", o que implica "reclamaren indemnizacións". "U custo a maiores para os galegos", laiouse.