Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Carácter non vinculante

Feijoo e Rueda presidirán o consello que asesorará a Xunta en acción exterior

O Goberno aproba a creación do CAEX para axudar no deseño de estratexias que "reforcen a imaxe de Galiza no mundo".

Redacción - 10:00 01/08/2009

A Xunta deulle o visto bo á creación do Consello de Acción Exterior (CAEX) que se encargará de a asesorar, aínda que con carácter non vinculante, no deseño das "estratexias, plans e programas" que "reforcen a imaxe de Galiza no mundo".

O CAEX contará coa presidencia de honra de Alberto Nuñez Feijoo, xefe do Executivo, mentres que o seu presidente será o conselleiro de Presidencia, Afonso Rueda, e o seu vicepresidente, o director xeral de Relacións Exteriores, Xesús Gamallo.

A misión deste órgano será a de "detectar as necesidades" da acción exterior de Galiza, así como os seus "obstáculos e oportunidades"; fomentar a "interacción entre o sector público, a empresa privada e a sociedade civil"; e "xerar ideas" para desenvolver a estratexia coa que o noso país se ha proxectar no mundo.


1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: