Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Financiamento a debate no Parlamento

"Nin dilixente nin leal", aponlle Feijoo ao goberno español

En pleno extraordinario, o presidente da Xunta láiase da "negativo" impacto que a reforma terá en Galiza e di que se fixo en favor do PSC e o PSOE andaluz.

Redacción - 18:30 30/07/2009



Advertiu este xoves o presidente da Xunta durante a súa comparecencia no pleno extraordinario celebrado no Parlamento sobre a reforma do financiamento autonómico que non son aínda coñecidas as cifras finais que proporá para Galiza o goberno español. "Haberá que esperar ás reunións bilaterais para saber definitivamente o que nos corresponde", xustificou. Con todo, insistiu en que o modelo xa feito público "non está construído sobre bases sólidas". "Debemos esixir rigor fronte a improvisación, serenidade fronte a présa, transparencia fronte a ocultación, consenso fronte a imposición e igualdade fronte a privilexios para uns poucos", reclamou Alberto Núñez Feijoo dos grupos parlamentarios.

Asegurou o presidente que a Xunta adoptou unha posición de "responsabilidade" estabelecendo a abstención sobre o borrador achegado polo executivo estatal. Na opinión de Núñez Feijoo haberá tempo para "tratar de mellorar" un modelo que, no seu deseño actual, "responde aos intereses e urxencias partidarias dun goberno e non ás necesidades reais comunidades". "Sen unha base sólida, sen garantir os principios de igualdade e sen garantías de suficiencia está abocado a unha revisión en profundidade nun futuro próximo", agoirou.

Feijoo salientou especialmente que o modelo "abusa" da variábel de poboación, tanto no financiamento básico como nos chamados fondos adicionais. Recordou o consenso dos grupos parlamentarios en Galiza arredor da necesidade de aumentar o peso doutras variábeis xa que, independentemente de que máis poboación traia máis gasto, "tamén trae máis actividade e máis ingresos e en cambio, unha poboación avellentada ou dispersa só incrementa os custos de prestación dos servizos". Exemplificou o presidente da Xunta co caso dos 4.900 millóns de fondos adicionais dos cales a Galiza en principio só lle correspondería o 3% segundo o formato que pretende o goberno español. Laiouse ademais do rexeitamento de Madrid a que conten os máis de 300 mil residentes galegos no exterior.


1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: