Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Mudanzas

O Consello Asesor de Telecomunicacións adáptase á nova estrutura da Xunta

O decreto que regula a súa estrutura xa non especifica o departamento do que dependerá. Ademais, promoverase unha composición paritaria.

Redacción - 19:00 30/07/2009

O Consello da Xunta aprobou unha serie de modificacións do decreto que regula a composición e as funcións do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual para adaptalo ao novo organigrama do Goberno.

Por unha banda, xa non dependerá da extinta Secretaría Xeral de Comunicación, senón que se adscribirá "ao departamento competente". Tamén hai un cambio na composición do órgano, que seguirá encabezado polo presidente da Xunta, aínda que os novos vicepresidentes serán a persoa titular do departamento competente en materia de medios, a responsábel de TIC e a responsábel de cultura.

Os vogais estarán integrados por dous representantes dos departamentos de cultura, de modernización tecnolóxica e de protección civil; tres representantes dos departamentos de medios de comunicación audiovisual e un de cada un dos restantes departamentos da Xunta. Tamén se fará referencia expresa á necesidade de "acadar unha participación equilibrada de mulleres e homes". Segundo o Goberno, o decreto non vai supoñer un incremento de gastos, senón que as partidas están consignadas dentro dos orzamentos de xestión ordinaria da Secretaría Xeral de Medios.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: