Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Mellora da xustiza

O presidente do TSXG estima que se precisan 36 novos órganos xudiciais

Miguel Ángel Cadenas considera "preocupante" a situación do Contencioso-Administrativo, con máis 19 mil asuntos pendentes.

Redacción - 10:15 29/07/2009

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Miguel Ángel Cadenas, subliñou a "necesidade" de crear novos órganos xudiciais no país. Concretamente, calculou que se precisan nove novas salas do Contencioso-administrativo, sete do Social, 11 do Civil, un novo órgano de Vixilancia Penitenciaria, cinco de Penal e tres de Primeira Instancia e Instrución.

Antes da reunión da Comisión Mixta de Xustiza, Cadenas afirmou que é "público e notorio" que a Sala do Contencioso-Administrativo é o órgano "máis preocupante", e que ten máis de 19 mil asuntos pendentes. Precisou, ademais, que o número de prazas está fixado sen outorgar prioridade e que dependerá do número de órganos xudiciais que se poidan crear en Galiza segundo a decisión da Comisión Mixta.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: