Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Balance de cen días de Goberno

A lista do traballo feito ou prometido: ciendías.pdf

A Xunta fai público un documento que inclúe promesas en proceso ou proxectos sen comezar entre as iniciativas que di ter realizado nos últimos tres meses.

Redacción - 18:25 28/07/2009

A axitada reunión da mesa sectorial de Educación, as polémicas enquisas ás familias sobre a lingua, a supresión da gratuidade dos libros de texto, a eliminación do termo "galescola" e a creación da comisión para a integración das escolas infantís na Consellaría de Educación, están entre os destaques que aparecen no apartado de Educación.

A lista inclúe ademais proxectos xa en marcha na lexislatura anterior, como os programas de inmersión lingüística, ou iniciativas que aínda non están en marcha, como é o caso da regulación do prezo público dos comedores escolares. No plano do ensino universitario, e malia a recente confirmación do novo adiamento da reforma do financiamento das universidades, a análise oficial da Xunta inclúe como tarefa supostamente realizada nestes cen días a "adaptación de titulacións oficiais ao Espazo Europeo de Educación Superior".

É un dos exemplos dun amplo documento que aparece encabezado polo bautizado "Plan de Austeridade", froito do cal a Xunta asegura que aforrará 143 millóns de euros, "un aforro orzamentario que supón 23.998 millóns de pesetas", engade o documento. Neste apartado inclúese a reforma do organigrama de Goberno, a reestruturación da administración periférica coa mudanza das delegacións territoriais e os cambios nas delegacións no exterior.

Poden consultalo polo miúdo no documento ciendias.pdf, descargábel na web da Xunta: 100 días de Goberno. Medidas Necesarias.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: