Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Cambio de estratexia

As discográficas británicas gañan máis cartos "malia o P2P"

Segundo un estudo dunha entidade de xestión de dereitos de autor, o incremento dos concertos, das vendas dixitais e das licenzas para publicidade compensan a baixada dos CD.

Redacción - 09:30 29/07/2009

Que o sector discográfico debe cambiar o seu modelo de negocio é algo do que se leva falando xa tempo. Agora, un dos estados que máis depende desa industria, o Reino Unido, acaba de confirmar que basear a estratexia nos concertos máis ca na venda de discos resulta rendíbel para esas empresas.

Ademais de estudos que aseguran que o intercambio de arquivos incrementa o consumo de música, un informe da entidade de xestión de dereitos PRS for Music amosa que as gañancias do sector discográfico aumentaron un 4,7% dende 2007.

Ese incremento non se debe á venda de música, que baixou un seis por cento, que, á súa vez, supuxo unha perda do 10% de comercialización de formatos físicos e un aumento do 50% de música dixital. Porén, a venda de entradas para concertos subiu un 13%, o que ao final supuxo que o gasto dos consumidores de música aumentase un tres por cento durante 2008.

Outros dos incrementos producíronse en apartados como o cobro de licenzas para publicidade ou patrocinios. En total, a industria discográfica británica valía no ano 2008 máis de 4.100 millóns de euros, un 4,7 por cento máis ca o ano anterior.

Estes datos demostran que a presión das discográficas para prohibir o intercambio de arquivos coa escusa de que lles supoñía graves perdas xa non está xustificada, cando menos no Reino Unido.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: