Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Roteiro literario

Fálame e moe

O vindeiro outono estará completado o proxecto artístico nos camiños da terra do finado poeta Fiz Vergara. Este luns coñecemos as primeiras pezas.

Redacción - 11:45 28/07/2009
Fiz Vergara Vilariño

Fiz Vergara Vilariño

Cada ano organizan un roteiro literario pola Lóuzara Xabreira de Fiz Vergara. Agora, da Agrupación Cultural Ergueitos abrollou a idea de converter o traxecto en parque escultórico en lembranza do vate e inspirado en poemas escollidos da súa obra con referencias xeográficas concretas do Val da Lóuzara.

Este luns coñecemos as primeiras pegadas da obra que, entre outros, adicarán a Fiz Vergara os artistas Primitivo Lareu, Fernando Yáñez ou Álvaro de la Vega. Achegámoslles ao respecto unha galería de imaxes. O vindeiro outono está previsto que se complete o traxecto artístico.

"Voz e imaxe asaltarán ao visitante deste roteiro no contedor museístico máis fermoso que ninguén puidese imaxinar", explican desde o colectivo, "o ceo, a auga do río e da Fonte da Cova e os soutos dos castiñeiros louzarinos serán as paredes, o teito e o chan dese museo aberto".

Como chegar:
Dende Samos, despois de pasar diante do Mosteiro e rodealo cóllese a saída en dirección a Triacastela. A 1 km. hai un desvío á dereita sinalizado: Lóuzara. A 8 km. sen desviarse chegamos a Aira Padrón (só hai unha casa-restaurante cara a esquerda e unha rotonda). É o primeiro punto do roteiro. Desde aí baixase cara o val de Lóuzara. O tempo estimado da camiñada é de unha hora e media.


A lista completa de lugares e artistas:

  1. Aira Padrón. Primitivo Lareu  
  2. Cruce de Foilebar. Xesús Otero-Yglesias  
  3. Requeixo. Manuel Buciños  
  4. Muíño de Locai. Álvaro de la Vega  
  5. O Pedregal. Violeta Bernardo  
  6. Altamira. Santalla Miguel Macía  
  7. O Muíño Fernando Yáñez  
  8. A Fonte da Cova Mónica Alonso  
  9. Aira de Tesín Poy  
  10. Pozo de Monteiro Caxigueiro  
  11. Veiga de Fía Eduardo Valiña  
  12. Augadalte Paco Pestana  
  13. A Pedra do Río. Pozo de Beltrán Manuel Caamaño


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: