Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
LOGO DUNHA DENUNCIA DE SATSE

O Valedor turra polo castelán na Sanidade

O Valedor do Pobo pídelle á consellaría que os folletos que distribúa inclúan os seus consellos en español, para poder chegar ao maior número de destinatarios posíbel.

Redacción - 13:45 22/07/2009

"Que a información e consellos sanitarios cheguen ao maior número de persoas, que procure a máxima divulgación e que os cidadáns poidan recibir estas indicacións na súa lingua de elección". Este é o obxectivo dunha suxestión que o Valedor do Pobo, Benigno López, enviou á Consellaría de Sanidade, na que insta a este departamento a "estudar a conveniencia de realizar todas as campañas informativas en ambas linguas oficiais". Así, explica, "conseguiríanse os fins e obxectivos regulados tanto na Constitución como no Estatuto de Autonomía e na Lei de Normalización Lingüística".

Este requirimento prodúcese logo de que o sindicato de enfermaría SATSE enviase unha reclamación ao Valedor sobre uns folletos, en concreto, referidos aos perigos do monóxido de carbono. O devandito tríptico informaba sobre como previr a intoxicación, un problema que provoca, segundo o colectivo profesional, máis de 100 urxencias anuais. Ao parecer, esta documentación estaba exclusivamente en galego e o sindicato denunciaba "a incongruencia de ofrecer información preventiva unicamente nesta lingua, cando non toda a poboación da Comunidade Autónoma é natural, coñece o idioma cooficial nin ten a obriga legal de coñecelo, un feito que se agrava por tratarse dun asunto que compromete a saúde".

Agora, a Consellaría ten un mes de prazo para darlle unha resposta á suxestión do Valedor, quen xa solicitou informes tanto a Sanidade como a Política Lingüística sobre este particular.

Lenta tramitación das queixas sobre o galego

A nova chega poucas semanas despois de que a Mesa pola Normalización Lingüística acusase o Valedor de silenciar os casos de discriminación do galego. O presidente da Mesa, Carlos Callón, ten criticado que a institución incluíse episodios diversos, acontecidos a diferentes persoas, "nun único expediente". Así, Callón insiste en que, malia que a institución rexistrou un total de 150 queixas por vulneración de dereitos lingüísticos, "á hora de subliñar, López centrou a súa atención en temas que rexistraron menos reclamacións, como é o do incumprimento da Lei de Dependencia".Ademais, a Mesa tamén lle reprocha a Benigno López que, presuntamente, "tenta complicar burocraticamente todas as queixas por vulneración do dereito a usar o galego" e mesmo de "non tramitalas".


Ligazóns

4/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Segundo a suxestión do Valedor, as campañas informativas distribuídas nos centros de saúde deberán estar tamén en castelán
Segundo a suxestión do Valedor, as campañas informativas distribuídas nos centros de saúde deberán estar tamén en castelán
O Valedor, Benigno López, entende que, deste xeito, a campaña informativa poderá chegar a máis cidadáns, indepentemente da súa lingua de elección
O Valedor, Benigno López, entende que, deste xeito, a campaña informativa poderá chegar a máis cidadáns, indepentemente da súa lingua de elección