Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sobre prazos e investimentos do TAV

Guillerme Vázquez di que o acordo Xunta-Fomento é "un pacto fraude"

O voceiro nacional do BNG considera que é unha estratexia para "gañar tempo" e agoira que o AV non estará listo até 2020 no canto do 2015 prometido.

Redacción - 17:45 21/07/2009

"Estamos ante un remake do convenio Fraga-Cascos, con Feijoo como protagonista galego e con Blanco como protagonista madrileño, e digo madrileño porque aquí non xoga como galego". Analizábao deste xeito este mesmo martes o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez.

Vázquez criticou o "entusiasmo" que dixo ver arredor do acordo de infraestruturas ferroviarias asinado polo presidente da Xunta e o ministro de Fomento. Na súa intervención cualificou de "nova escena de sofá coa que se consagran novos atrasos" o pacto escenificado entre Alberto Núñez Feijoo e Xosé Blanco.

O voceiro nacional do Bloque recordou o compromiso reiterado no seu momento polo presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, que fixaba a finalización da liña Galiza-Madrid na altura de 2012. Chamando a atención sobre os 4.687 millóns de euros asignados para licitación os dous vindeiros anos, lembrou Guillerme Vázquez que "observadores independentes din que a cantidade mínima a investir non debería baixar dos 9 mil millóns de euros".


3/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: