Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
MÉRCORES E XOVES EN COMPOSTELA

A romaría sen gaitas si que ten graza

Noise Project, Telephones Rouges, The, Cu de Vaso, Lee Van Cleef e Novedades Carminha, no cartaz da 'Gran Romaría Galician Bizarre'.

Redacción - 09:30 22/07/2009

Di o refrán que 'Enterro sen choros e romaría sen gaitas, non ten graza'. Pois iso haberá que velo: A 'Gran Romaría Galicia Bizarre' promete de todo: punk, post-rock, ou simple bizarrismo guitarreiro, pero as gaitas nin están nin se agarda por elas. Os concertos serán no Pérez&Pérez de Compostela (República Arxentina, 35); o mércores estarán Noise Project (Valga), Telephones Rouges (O Grove) e The (Esteiro-Muros) e o xoves Cu de Vaso (Compostela), Novedades Carminha (Compostela) e Lee Van Cleef (Ferrol).

Estas seis bandas, xunto con Los Santos, Franc3s e Indómitos, compoñen o movemento Galician Bizarre, un conxunto de bandas galegas preocupadas, sobretodo, polas "jotas" no café e porque a gripe dos porcos non chegue á Cañiza. Ademáis, aínda que non todas elas practican o mesmo estilo musical, todas xiran en torno ao punk, cultural e musicalmente. Os organizadores salientan que este festival é "todo un luxo para a cidade de Santiago que conta con poucas iniciativas culturais cando non hai apoio institucional" e cando os seus protagonistas non levan 'traxe rexional'.

Dende o festival lémbrase que a asistencia é obrigada "para todos os amantes da anti-cultura, de Dadá, das situacións creadas, do amiguismo, de mamá e tamén para os que queren que chegue a praia a Compostela". En certa forma esta 'Gran Romaría Galician Bizarre' é unha continuación do Festival Sereas e Piratas, que na súa terceira edición, o pasado verán, reuniu a Franc3s, Jimenez Los Santos, Telephones Rouges, Los Santos, Schizophrenic Housewives e Novedades Carminha.

A entrada é de cinco euros para cada un dos días, aínda que se pode mercar un abono de oito euros para as dúas xornadas de festival. Os concertos pecharanse mércores e xoves con pinchada de discos bizarra; Dj Gafa Pasta e Carlito Brigante Dj serán os encargados de facelo no primeiro e no segundo día respectivamente.


2,5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: