Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DIVULGACIÓN CULTURAL na rede

Seráns, polavilas e fiandóns

A Asociación de Escritores en Lingua Galega incorpora na súa web gravacións que rescatan do esquecemento o patrimonio oral, literario e musical do país.

Redacción - 13:30 17/07/2009

O conto que se escoitaba nos seráns da zona de Cerdedo sobre Carmela e Pepiño; a lenda da bruxa de Outes que que contaba nos polavilas do Barbanza; ou a historia da princesa que non ría, propia dos fiandóns de Mondoñedo. Estas son algunhas das pezas, tiradas do noso patrimonio oral, literario e musical que sortearán o esquecemento grazas a una iniciativa que acaba de poñer en marcha a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), baixo a coordinación de Antonio Reigosa.

Baixo o neoloxismo Polafías, o portal de internet deste colectivo incorpora gravacións de xuntanzas de carácter festivo, nas que se recuperan contos, adiviñas, cantigas ou lendas da voz dos que gardan na memoria este patrimonio oral. A principal diferenza deste proceder co das xuntanzas de antigo é que agora os recompiladores botan man das novas tecnoloxías, dos aparellos de gravación, que favorecen o seu arquivo, estudo e difusión.

 Así, en internet, podemos ver e escoitar ao narrador, contador ou músico que interpreta a súa historia en primeira persoa, como auténtico protagonista que xenerosamente transmite o seu saber. Ao tempo, a web permite ler o texto transcrito e ofrece outros detalles como o lugar da gravación, a data ou a idade do contador no momento da gravación. Deste xeito, ademais da propia difusión, esta ferramenta permite construír, aos poucos, unha importante base de datos.

  • Podes ver os vídeos do noso patrimonio oral xa publicados na rede: Polafías


Ligazóns

5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Un dos vídeos que se pode ver na web é o canto de labor que ofrece Corona, gravado no Museo da Limia
Un dos vídeos que se pode ver na web é o canto de labor que ofrece Corona, gravado no Museo da Limia
Outra das gravacións é esta na que Xosé Cortizo recita unha poesía popular, en Cerdedo
Outra das gravacións é esta na que Xosé Cortizo recita unha poesía popular, en Cerdedo