Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Proxecto de dinamización

A memoria da muller presérvase na internet

Na rede pode consultarse unha escolma de obras audiovisuais creadas por maiores de 50 anos que contan as súas experiencias vitais.

Redacción - 12:15 17/07/2009

O proxecto Memoria de Muller, desenvolvido pola Rede de Dinamización da Sociedade da Información, xa dispón da súa propia web. Esta iniciativa, concibida para achegar as mulleres maiores de 50 anos ás tecnoloxías da información e da comunicación, trata de recuperar a memoria histórica e sociocultural a través do relato das mulleres participantes, que ademais crean e elaboran montaxes de vídeo.

O obxectivo final do proxecto é preservar a memoria da muller galega e transmitirlla ás vindeiras xeracións. Os vídeos presentaranse no concello onde se realizaron, para propiciar o recoñecemento dos conveciños, e agora, tamén, na web.

Cada muller creou un vídeo a través de imaxes, púxolle a súa propia voz, sons e músicas para narrar a historia. As participantes seguiron o proceso clásico da produción audiovisual: a escrita do guión, a selección e a gravación de imaxes e a posprodución final. Para iso empregaron ferramentas de software libre.

En cada un dos obradoiros de Memoria de Muller, en distintos centros da Rede de Dinamización, participaron grupos de entre catro e oito mulleres, guiadas por unha dinamizadora a través de todo o proceso técnico. O proxecto púxose en marcha en xuño de 2008 en 20 concellos e deu lugar a 92 historias, ás que se sumarán este ano outras moitas.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: