Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Reforma do financiamento autonómico

"Tapa con insultos o fracaso da súa estratexia", aponlle o PSdeG a Feijoo

Os socialistas acusan o presidente da Xunta de "sacrificar" Galiza en beneficio da estratexia do PP.

Redacción - 11:30 16/07/2009

"O presidente da Xunta sacrificou os intereses de Galiza no seu intento de converterse en líder da dereita española", analizou o voceiro do grupo parlamentario do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga. Os socialistas entenden que o PP tratou de "tapar con insultos contra a oposición" o "fracaso" da estratexia do mandatario galego, Alberto Núñez Feijoo, no debate de financiamento.   

Leiceaga recordou que o PPdeG "forzou, a través dunha emenda" a retirada de "calquera referencia ás porcentaxes para Galiza" do acordo aprobado na Cámara para "deixalo na consecución dunha posición relativa parecida" algo que o PSdeG considerou "perfectamente cumprido". Así mesmo, o voceiro socialista dixo que o presidente da Xunta "reclama unha prórroga" cando a negociación está pechada "para poder lucirse". Así, recordou que os galegos "tendo o 6% da poboación" manteñen "unha porcentaxe do 7% dos recursos totais que resultan da suma do baremo de 2007 --empregado como referencia-- e os fondos adicionais".


3/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: