Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Premio para Xosé Monteagudo

'Un tipo listo' gaña o Premio García Barros

O xurado escolleu na Estrada a novela 'Un tipo listo', de Xosé Monteagudo, que será publicada pola Editorial Galaxia.

Redacción - 18:30 16/07/2009

O escritor Xosé Monteagudo Folgar (Moraña, 1965) foi declarado, por fallo unánime do xurado, gañador da XXI Edición do Premio Manuel García Barros, co seu traballo Un tipo listo. Os membros do xurado destacaron a orixinalidade da trama da novela, dentro do universo da literatura en galego, xa que xira en torno a un desfalco bancario na década dos 80.

O fallo considera que se trata dunha peza de calidade e moi cohesionada, cun ritmo de lectura rápido e sen caídas, e con personaxes de gran autenticidade. A obra ten trazas de crónica familiar e social, ao tempo que propón unha reflexión de alcance ético. Trátase dunha novela para un público lector moi amplo.

Xosé Monteagudo Folgar reside en Pontevedra, onde traballa na delegación da Axencia Tributaria. En 2002, resultou gañador do premio Blanco Amor coa súa primeira novela, As voces da noticia. Como gañador do certame Manuel García Barros, a súa obra será publicada pola editorial Galaxia.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: