 
"Moralmente, verse tan lonxe dos mellores é o que acabou con el", apuntou o director deportivo do Caisse d'Epargne.
 
											Óscar Pereiro
O ciclista de Mos, do equipo Caisse d'Epargne, abandonou este sábado o Tour de France no transcurso da oitava etapa, de 176,5 quilómetros de percorrido, tal e como explicou a organización da rolda gala.
Pereiro, campión da Grande Bouclé en 2006, abandonou por segundo ano consecutivo, esta vez non por unha caída, senón por un baixón físico. O galego non atopou as súas mellores sensacións este venres na primeira etapa pirenaica e xa o sábado, logo de se quedar descolgado no primeiro porto, decidiu pór pé en terra a 80 quilómetros de meta.
"Non chegou demasiado ben onte (polo venres) e hoxe de saída pasouno moi mal no primeiro porto e a verdade é que el esperaba atoparse mellor, mais viu que non estaba ben", comentou o seu director deportivo Eusebio Unzue en declaracións a Europa Press.
  Pereiro confesoulle que "non podía dar un pedal máis". "Moralmente, verse tan lonxe dos mellores é o que acabou con el", apuntou Unzue, que desmentiu calquera outro tipo de motivo: "Non hai máis. Óscar non podía seguir porque fisicamente non estaba e iso afectou a súa moral".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto