Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Maquinaria en marcha cara ás municipais

Engraxado o "banco de ideas" do PPdeG que guiará o labor da Xunta

O partido activou unha ducia de comisións sectoriais chamadas a seguir "o pulso da rúa" e xerar "ideas" a trasladaren a Parlamento e Xunta.

Redacción - 18:45 10/07/2009
Antonio Rodríguez Miranda, voceiro do PPdeG

Antonio Rodríguez Miranda, voceiro do PPdeG

Un think-tank interno, en terminoloxía usada polos propios responsábeis do PPdeG, que se artella de momento nunha ducia de comisións: Igualdade, Territorio e Medio, Medio Rural, Mar, Cultura e Turismo, Administración e Novas Tecnoloxías, Traballo, Sanidade, Benestar, Educación e Xuventude e Deporte. Alén destas, xa postas en marcha, crearán dúas máis en breve, unha adicada de xeito específico a Economía e outra a Relacións Exteriores.

O voceiro do partido, Antonio Rodríguez Miranda, explicou este venres que a estrutura, avanzada hai poucos días, quedou xa activada e definiuna como "bolsa" ou "banco" de ideas. Afirmou Rodríguez Miranda que o PPdeG quere con isto "estar atento ás demandas da sociedade" e que estas se convertan "nos deberes do Executivo" para "non gobernar de costas a Galiza".

Segundo relatou o voceiro do PP galego, a través destas comisións pretenden recoller propostas, suxestións, queixas e inquietudes dos cidadáns coa fin de deseñar posteriormente "propostas" a trasladar a Parlamento e Xunta. Os populares integrarán e convidarán a estes foros non só a afiliados e simpatizantes senón tamén a "independentes" co obxectivo de xerar iniciativas políticas para "seguir sendo a opción preferida dos galegos".

Tamén na procura de "zume novo"
Unha meta adicional desta estrutura é ademais a formación de futuros dirixentes para o partido. "Necesitamos novos expertos e novos líderes que se vaian incorporando ao traballo", comentou Miranda.

Por outra banda, o tamén deputado do PPdeG citou como prioridades inmediatas do "banco de ideas" do seu partido as que na súa opinión son as principais preocupacións dos galegos na actualidade: situación económica e desemprego.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: