Así e todo, as mulleres maiores de dez anos seguen tendo vedado ir ao cinema.
O poder relixioso que impera en Arabia Saudí levaba trinta anos mantendo a prohibición de exhibir filmes no país, pois os cregos ven en actividades artísticas coma o cinena, o perigo da socialización entre ambos sexos, e a violación dos valores do Islam. A pasada fin de semana produciuse o fito histórico, tan normal en calquera outro lugar do mundo, da proxección pública dunha película. A actividade realizouse nun centro cultural do goberno en Riad, e o filme proxectado foi o saudí 'Menahi', producido polo príncipe Alwalid bin Talal.
Porén, á proxección só puideron asistir homes e nenas de menos de dez anos de idade. Así e todo, os sectores máis conservadores criticaron a autorización, e mesmo un grupo de homes se situou na porta da sala, tratando de desistir aos interesados en ver a película de que entrasen.