Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Críticas á reorientación de fondos

Os socialistas quéixanse dunha "reprogramación ideolóxica" nos orzamentos

Opinan desde o PSdeG que as contas anti-crise do PP evidencian ademais "a falsidade da teoría dos buratos financeiros".

Redacción - 19:15 09/07/2009

"Non explican que fondos nin que partidas reducen para obter a cifra final", denunciou esta quinta feira o voceiro parlamentario do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga, sobre o anuncio de reformulación orzamentaria presentado pola Xunta. Reclamoulle Leiceaga ao presidente da Xunta "que diga quen son os damnificados" e agoirou que as decisións políticas da dereita "sempre prexudican os máis necesitados".

De xeito concreto falou o deputado socialista do apartado adicado á actividade empresarial, advertindo de que "o suposto plan" sería en realidade unha "operación de maquillaxe e cambio de nome" das políticas desenvolvidas polo Igape co bipartito. Por outro lado, criticou con dureza que Feijoo falase de iniciativas de fomento de produtividade do tecido industrial ao tempo que se produce, subliñou, "un dos maiores bloqueos á licitación de obra pública desde a Xunta", indicando que os últimos meses baixou un 90 por cento con relación á media mensual de 2008. Tamén se queixou de falta de concreción das medidas de dinamización do medio rural, definíndoas de "declaración de boas intencións de calculada ambigüidade".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: