Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A través do iTunesU

A Universidade de Vigo ofrece todos os seus contidos na rede e de balde

A institución académica prevé que o 90% das descargas dos arquivos se fagan dende fóra do Estado Español.

Redacción / EP - 09:00 08/07/2009

A Universidade de Vigo (Uvigo) é a primeira do Estado Español que ofrece os seus contidos docentes multimedia na plataforma iTunesU, de Apple, o que permite que eses contidos -que se poden descargar en galego, castelán ou inglés-, poidan ser reproducidos dende calquera lugar do mundo a través dun PC, un Mac, PDA, iPhone ou iPod.

Esta plataforma facilita o acceso a arquivos de contido educativo e cultural de por volta dunhas 160 universidades e institucións académicas de todo o mundo e, dende agora, disporá dunhas dúas mil horas de contido multimedia sobre a oferta da Universidade de Vigo, con información de eventos, ou gravacións de clases, debates e conferencias.
 
Coa súa incorporación a iTunesU, a entidade académica viguesa abre un outro eido de expansión entre a comunidade educativa internacional. Nese sentido, o vicerreitor de Relacións Institucionais, Iván Area, recalcou que esta ferramenta impulsará a "internacionalización" da Universidade de Vigo "a través da difusión dos seus contidos docentes". Pola súa banda, o vicerreitor de Novas Tecnoloxías e Calidade, Anxo Sánchez, destacou que a participación nesta plataforma, que permite a difusión de coñecemento de balde e en formato dixital, supón "a culminación dun traballo de varios anos e moitas persoas". Tamén recalcou a importancia das novas tecnoloxías como "instrumento imprescindíbel de apoio á docencia".

A Universidade de Vigo ofrece en iTunesU un compendio de contidos que se clasifican por idioma ou por seccións, comprendendo as áreas humanística, tecnolóxica, científica e xurídico-social, ás que se suma unha sección institucional e outra de contidos varios e, dentro de cada área, os arquivos tamén se organizan por escolas e facultades.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: