Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
padexeiros galegos de prata e ouro

Perucho e Portela soben ao podio do piragüismo mediterráneo

A parella que forma o primeiro con Craviotto conseguiu o ouro no K2 500, e a padexeira de Cangas foi segunda no K1 500.

Redacción - 11:40 06/07/2009
Teresa Portela, coa súa medalla de prata

Teresa Portela, coa súa medalla de prata

A parella formada polo cangués Carlos Pérez Rial, Perucho, e Saúl Craviotto cumpriu cos prognósticos, conseguindo a medalla de ouro no K2 500 metros, proba disputada este domingo nos XVI Xogos do Mediterráneo, que se desenvolveron na cidade italiana de Pescara. Os vixentes campións olímpicos lideraron sen problemas a proba, superando na meta os franceses Arnaud Hybois e Etienne Hubert, e os italianos Filippo Falli e Alberto Regazzoni.

Mentres, no K1 500 metros, a padexeira de Cangas, Teresa Portela, conquistou a medalla de prata, entrando na meta por detrás de Spela Ponomarenko, r superando a italiana Josefa Idem.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: