O colectivo de hip-hop ordense ofrece, mediante a súa páxina web, un avance de dous temas do que será o seu novo traballo.
Dios Ke Te Crew está preparando o seu novo traballo de longa duración, que estará a disposición dos seus seguidores a finais de este ano. Mentres, os máis impacientes poden atopar un pequeno adianto
na súa páxina web, onde se poden descargar dous temas titulados
Ollo ó parche! e
Chove, ademais dun vídeo do tema
Herdeiros da ditadura e a portada do disco.
Ollo ó parche!
Neste adianto percibimos como o funk segue sendo a base dende a que comezan a súa viaxe musical, dando despois paseos por outros estilos como o jazz ou a electrónica. Aínda así Sokram, un dos Mestres de Cerimonias, explícanos que as guitarras e as baterías rock terán moito peso nun traballo que continúa a viaxe comezada hai xa varios anos.
Chove
Os mozos de Ordes están rematando o disco nos estudos que teñen na súa vila, chamados Rapapoulo Estudio. Para as labores de masterización desprazáronse até Vigo, onde traballaron no prestixioso estudo Abrigueiro, xunto a Arturo Vaquero.