Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
PIRAGÜISMO

Bo papel dos padexeiros galegos nos campionatos europeos

Aos ouros de dous veteranos como Teresa Portela e Carlos Pérez uníronse desta volta os bronces de José Luís Bouza e Borja Prieto.

Redacción - 18:00 29/06/2009

O Campionato de Europa de Piragüismo que se celebrou na localidade alemá de Brandenburgo rematou este domingo, deixando constancia do excelente estado de saúde que conserva este deporte no país. A representación galega trouxo catro medallas, repartidas entre os ouros de Teresa Portela e Carlos Pérez e os bronces de José Luís Bouza e Borja Prieto.

Os ouros chegaron na xornada do venres, da man de Teresa Portela e Carlos Pérez que se impuxeron nas categorías de K1 200 metros e K2 200 metros respectivamente. Portela rematou cun tempo de 41,014 segundos e avantaxando en menos dunha décima á húngara Paksy Tímea. Pola súa parte Perucho e o seu compañeiro habitual, Saúl Craviotto, levaron o ouro en K2 200 metros, rematando cun tempo de 32,251 segundos e cunha diferenza superior a unha décima respecto á parella de padexeiros bielorrusos.

Gran actuación de José Luís Bouza
Outra grande noticia para o piragüismo galego foi o gran papel que fixo o padexeiro do Kayak Tudense José Luís Bouza, que acadou o bronce en C1 1000 metros, nunha regata de grande nivel. Un bo sinal é o feito de que a vitoria fora para o actual campión olímpico, o húngaro Attila Vajda. Bouza fixo un tempo de 3 minutos 55 segundos e 7 milésimas, que lle serviría para ser quinto na final desa distancia disputada en Beixín. O outro bronce foi para Borja Prieto, que competía na modalidade de relevos K1 4x200 metros.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: