Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Desde este luns

'Emigración e educación 1900-1936' a análise en Nigrán

Organizado con motivo do primeiro centenario das 'Escolas da Unión Hispano Americana Val Miñor'.

Redacción - 10:00 29/06/2009

O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, pronuncia este luns a conferencia inaugural do congreso 'Emigración e Educación 1900-1936', organizado con motivo do primeiro centenario das 'Escolas da Unión Hispano Americana Val Miñor' e que terá lugar no IES 'Escolas Proval' de Nigrán (Pontevedra).

Segundo explicou o Consello da Cultura Galega (CCG), o relatorio, que comezará ás 20h30, versará sobre 'Vellas e novas miradas sobre a emigración galega' e as sesións do congreso prolongaranse ata o día 3 de xullo.

O CCG colabora neste evento, que conta coa participación de 23 expertos, a través do seu Arquivo da Emigración Galega e leva ao ese escenario a exposición 'Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración', que tamén pode verse en Rosario (Arxentina).

O congreso estará instaurado en tres áreas temáticas, 'Galicia no primeiro terzo do século XX', 'O labor educativo da emigración galega nas escolas da Unión Hispano Americana' e 'Emigración e educación: de onte a hoxe'.

Entre os relatores que participarán están Carlos Sixirei Paredes, Lourenzo Fernández, Pilar Cagiao Vila, Uxío Breogán Diáguez, Ruy Farias, Antón Costa Rico ou Mar Lorenzo, entre outros. Xosé Manuel Beiras pronunciará a conferencia de clausura o día 3 de xullo ás 20.00 horas.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: