Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
“non defende a Galiza”

O BNG sinala que os cen días que Feijoo leva na Xunta foron "decepcionantes"

O voceiro dos nacionalistas, Guillerme Vázquez, acusou o presidente galego de "crear problemas onde non os había", referíndose ao conflito lingüístico.

Redacción - 09:00 29/06/2009
O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez

O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez

O BNG cualifica o Goberno de Alberto Núñez Feijoo de "decepcionante" ao considerar que "crea problemas onde non os había e non defende a Galiza en cuestións transcendentais como o financiamento ou as infraestruturas".

Segundo o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, os 100 días de "período de confianza" de Feijoo foron "claramente decepcionantes para a sociedade galega", exemplificando esta afirmación co conflito do idioma. "Cando aquí, para a inmensa maioría do pobo galego non había problema coa lingua", agora "está provocando unha gran posición social", sinalou.

En canto ao financiamento, cuxo debate tachou de "transcendental para Galiza", indicou que os galegos "seguen sen saber cales son as súas medidas para conseguir a suficiencia financeira da Administración". En relación ás infraestruturas, Vázquez cre que Feijoo foi a Madrid a "escoitar cales son os prazos do ministerio de Fomento para as infraestruturas galegas, pero non para levar ningunha reivindicación".


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: