Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Lexislativas en Arxentina

Néstor Kirchner admite a derrota na loita pola provincia de Bos Aires

As enquisas dábanlle o domingo unha vantaxe na elección de deputados no distrito máis poboado do país. Porén, de madrugada perdía por tres puntos.

Redacción - 08:00 29/06/2009
Gráfico: Diario Clarín

Gráfico: Diario Clarín

O ex presidente de Arxentina e home da actual presidente, Néstor Kirchner, lideraba aínda sen terminar o domingo a eleccións de deputados na provincia de Bos Aires, o distrito máis poboado do país, segundo un sondeo a pé de urna divulgado pola emisora de televisión Canal 13.

Porén, ás 08h00 (hora galega) co 74,37%escrutado, o candidato a deputado Néstor Kirchner perdía case tres puntos (32,30% fronte a 34,56%), en Bos Aires (onde vota o 38% dos arxentinos), fronte ao seu principal opoñente, o peronista disidente Francisco de Narváez. Alén disto, as súas listas ficaran derrotadas nos outros catro principais distritos do país, Capital Federal e as provincias de Córdoba, Santa Fe e Mendoza, así como en Santa Cruz, o seu feudo persoal.

Os primeiros datos oficiais daban por perdida a maioría absoluta do peronismo oficialista no Congreso, polo que la presidenta, Cristina Fernández de Kirchner, tería que se enfrontar, nos dous anos e medio que lle quedan de mandato, a un goberno moi debilitado.

Por outro lado, unha eventual vitoria de Kirchner colocaría o ex presidente como un posíbel contendente pola xefatura do Estado nas eleccións xerais de 2011.

Máis información, gráficos e vídeo:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: