Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Saen na defensa do presidente do PP de Ourense

San Caetano rexeita que Baltar empregue “prácticas caciquís”

A Xunta sinala que o bipartito nunca advertiu ao político ourensán sobre os seus supostos contratos fraudulentos.

Redacción - 09:00 26/06/2009

O director xeral de Administración Local, Norberto Uzal, rexeitou esta quinta feira que o presidente da Deputación de Ourense, Xosé Luís Baltar, realice "prácticas caciquís" na contratación de persoal, e aduciu que o bipartito "non o advertiu nin unha soa vez" por esta cuestión. De feito, especificou que "nos últimos catro anos (a Deputación) só recibiu unha advertencia", que realizou o novo Executivo en maio deste ano.

O deputado socialista Pablo López Vidal contrariou a versión da Xunta, e puxo como exemplo "o edificio Simeón de Ourense, que, con tres portas, conta con 33 porteiros contratados", ou a "biblioteca provincial, que ten 17 empregados, cando nin sequera ten eses usuarios ao mes", recalcou.

En contestación, Norberto Uzal explicou que a Xunta "traballa para que se cumpran" os principios de "transparencia" nas contratacións das diferentes administracións e, "dado que non houbo ningunha advertencia, entendeu que non se pode falar de prácticas caciquís de forma habitual nas contratacións" no ente provincial ourensán. En todo caso, Urzal garantiu que transmitirá ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, esta cuestión e puxo a "disposición" dos deputados "todos os medios" do seu departamento.


3,4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: