En Galicia suceden tódolos días historias rocambolescas que rematan saíndo nos xornais, ante todo somos unha terra orixinal e con personalidade. TripiGrelos está baseada nunha desas historias e fala dun desliz químico duns grelos que se consideraban normais, o que vén a continuación xa non ten nada que ver coa realidade... ¡supoñemos!. Pola nosa parte intentamos darlle á canción ese punto festivo e singular que merece unha canción do verán, esperamos que vos guste.
A banda está composta por: Chesko, Bitoiro, Dubi e Suso.
Nota aclaratoria: The Bluesomes non nos facemos responsables do consumo desmedido de grelos pola xuventude galega nin da súa proliferación nos festivais deste verán.
TripiGrelos
Vaiche voa no concello da Laracha
dous vellos foron por grelos,
non se decataron de que
tiñan intoxicado o morteiro.
Inocentes, inconscientes... non puideron facer nada
pra evitar tal desjrasia que tiñan entre os dentes.
E alucinaron con aquelas berzas
que tiñan extracto de estramonio,
eran mais nocivas que as faloides
a as substancias que derivan do opio.
A punto estiveron de palmar
e decidiron patentar aquela fórmula especial.
¡TripiGrelos da Laracha!
¡TripiGrelos da Laracha!
¡TripiGrelos da Laracha!
E comezaron a vender aquel producto
que non se daba no invernadoiro;
cal foi a grata sorpresa que
estaba dentro da trama o noso Bitoiro.
E cando chegou a nacional
eles tiveron que escapar pra non ter que confesar.
¡TripiGrelos da Laracha!
¡TripiGrelos da Laracha!
¡TripiGrelos da Laracha!
¡TripiGrelos da Laracha!