Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cifra en nove millóns o aforro "anual" da Xunta

Feijoo gaba o seu modelo de redución da altos cargos, fronte ao do bipartito

O presidente do Goberno dixo que a súa nova estrutura orgánica deixará 36 millóns nas arcas públicas en toda a lexislatura.

Redacción - 09:00 19/06/2009
Feijoo, na conferencia de prensa posterior ao Consello da Xunta

Feijoo, na conferencia de prensa posterior ao Consello da Xunta

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, cifrou en 9 millóns de euros o aforro "anual" que supón a nova estrutura orgánica do Goberno para as arcas públicas galegas, con respecto ao gasto do bipartito. Isto tradúcese nun aforro de 36 millóns en toda a lexislatura, recalcou.

"Fixemos un esforzo de austeridade difícil", recoñeceu Feijoo na conferencia de prensa posterior ao Consello da Xunta, que aprobou o organigrama definitivo da Presidencia da Xunta, que suma ás súas competencias a xestión de asuntos vinculados coa Igualdade, o Fomento de Novas Tecnoloxías e o Deporte.

Feijoo celebrou o peche da estrutura orgánica do novo Goberno cuns "recortes" nas administracións central e periférica que a Xunta cifrou nun total de 9 millóns. En detalle, a rebaixa de 52 a 5 delegados territoriais suporá un aforro de 3,7 millóns, segundo o presidente galego, mentres que os distintos departamentos gastarán 5,3 millóns anuais -fronte aos 7,2 do bipartito- nos gabinetes.

Nesta liña, Feijoo lembrou que reduciu nun 40% o número de persoal de asesoramento e gabinetes, así como os altos cargos., nun Goberno que pasou de 13 a 10 consellerías.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: