A CIG-Ensino valora "moi positivamente" o auto e pídelle ao profesorado que dea a máxima información á comunidade escolar.
O Tribunal Superior de Xutiza de Galicia (TSXG) resolveu o contencioso-administrativo presentado pola CIG no que se pedía a suspensión da instrución emitida pola consellaría na que se lle ordena aos directores que prohiban actos a prol ou en contra da enquisa. O tribunal non considera necesario suspender a instrución da Xunta xa que cre que é obvio que a liberdade de expresión e información é un dereito fundamental.
Dende a CIG-Ensino valoran positivamente o auto do TSXG e que segundo din “impide calquera interpretación da instrución dada pola consellaría que coarte a libre realización de actos informativos”. Por iso, pídenlle ao profesorado que facilite información á comunidade escolar.