Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Para “garantir a seguridade de Israel”

Netanyahu acepta un estado palestino desmilitarizado

O primeiro ministro israelí defendeu este domingo este "obxectivo final das negociacións de paz". Porén, nada falou de erguer os asentamentos de Cisxordania.

Redacción - 08:00 15/06/2009
O primeiro ministro de Israel, Benjamin Netanyahu, na conferencia de prensa

O primeiro ministro de Israel, Benjamin Netanyahu, na conferencia de prensa

O primeiro ministro de Israel, Benjamin Netanyahu, declarouse este domingo disposto a retomar as negociacións de paz cos palestinos, mais poñendo dúas condicións ao reconocemento dun estado palestino: os palestinos deberán recoñecer Israel como a terra do pobo xudeu, e deberán desmilitarizar o seu territorio. "Queremos que os nenos de Israel e de Palestina poidan vivir sen guerra', dixo durante o seu discurso.

Neste sentido, Netanyahu fixo un chamamento á comunidade internacional, presidida polos EUA para que, nun acordo futuro, se comprometan a desmilitarizar o territorio controlado polos palestinos: "Sei se nos dá esta garantía e os palestinos recoñecen o estado xudeu, chegaremos a unha solución de paz".

Alén disto, o primeiro ministro de Israel prometeu que o seu goberno non vai contruír máis asentamentos en territorio palestino, mais non dixo palabra sobre se vai retirar as colonias situadas en Cisxordania. Netanyahu tamén instou á Autoridade Nacional Palestina a "impoñerse" a Hamas, e defendeu Xerusalén como capital do estado de Israel, e non do futuro estado palestino.

Polo seu lado, o Nabil Abú Rdainah, voceiro do presidente palestino, Mahmoud Abbas, dixo que o discurso de Netanyahu era un "boicot á paz": "As súas palabras paralizaron todos os esforzos e propostas dos palestinos, dos árabes e dos norteamericanos. Así non habemos chegar a unha paz completa e xusta", concluíu.


3,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: