Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ORGANIGRAMA

Oposición e sindicatos arremeten contra o novo modelo territorial da Xunta

A CIG denuncia que o Goberno vén de concederlle un plus de tres mil euros ao ano aos xefes territoriais.

Redacción - 12:25 11/06/2009

A decisión do PPdeG de suprimir a figura dos delegados provinciais coa promesa de aforrar en tempos de crise non deixa de xerar polémica. A última crítica procede da CIG. Este sindicato denuncia que o Goberno vén de aprobarlle un plus de tres mil euros anuais aos xefes territoriais (funcionarios que representarán ás consellarías en cada delegación).

Segundo esta organización, a Consellaría de Facenda xustifica esta suba salarial xa que nos postos que “conlevan unha especial dificultade técnica, dedicación e responsabilidade cómpre determinar un incremento das retribucións asignadas que comporten a modificación do seu complemento específico”. A CIG calcula que este complemente vaille supoñer un gasto á Xunta que se achega aos 150 mil euros ao ano. O sindicato considera inconcebíbel que se lle dea o complemento a uns funcionarios que, segundo afirman, xa cobran máis de 40 mil euros anuais e que pola contra os demais funcionarios teñan os salarios conxelados.

Esta mesma semana, socialistas e nacionalistas criticaron abertamente a nova distribución territorial da Xunta. O deputado Alfredo Suárez Canal (BNG) sinalou que o PP só “cambiaba o nome” para crear un estrutura de “control político” orientada ás vindeiras eleccións municipais. Para o político nacionalista, o deseño responde ao “caciquismo de deseño” que está a practicar o PP “onde antes había delegados agora hai superdelegados, con perfil político non administrativo, máis os xefes territoriais, máis o seu persoal de gabinete, de aí que non se poida constatar que o obxectivo desta estrutura sexa o aforro.

O PSdeG mantén que o novo organigrama vai supoñer un incremento orzamentario dun millón de euros en persoal. Para os socialistas, a estrutura territorial da Xunta é unha “operación de maquillaxe para ocultar o déficit de xestión de Feijoo”


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: