Os escándalos recentes nos que se viu implicado o primeiro ministro manteñen intacto o seu poder de convocatoria entre o electorado.
A formación liderada por Silvio Berlusconi, que mesmo non dubidou en colocarse el mesmo nas listas do seu partido para estas europeas, malia non ter intención de sentar na Eurocámara, saíu firme vencedora do combate electoral italiano. Así o Partido do Pobo da Liberdade chegou até o 39% dos sufraxios, o que lle outorgara 32 dos escanos que elixen os italianos.
Como segundo forza confírmase o Partido Democrático, que co 27,5% dos votos terá 22 asentos. A Liga Norte é a terceira forza, co 9,5% dos votos e un total de 8 eurodeputados que se integraran no Grupo Unión pola Europa das Nacións (UEN). Obteñen tamén representación IDV-Lista di Pietro (7,8% e 6 escanos) e a UDC (5,3% e 4 asentos).
Para ampliar: