Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Europeas 2009

RSS de Europeas 2009
Eleccións Europeas

Portugal: o PSD tíralle case cinco puntos ao PS

Os conservadores obtiveron a maioría de apoios entre os electores portugueses, co 31,9% dos votos.

Redacción - 23:45 07/06/2009

Forte pau para a formación gobernante en Portugal, onde os electores lle outorgaron ao Partido Socialista apenas o 26,7% dos votos. Deste xeito, o PSD sae como vencedor dos comicios, co 31,9% e obtén 8 escanos no Parlamento Europeo fronte aos 7 para os socialistas.

A representación portuguesa na Eurocámara vana completar o Bloco da Esquerda e a CDU, que saen das urnas practicamente igualados en apoios. O BE convértese na terceira forza en apoios, co 10,5% e tres escanos, unha lixeira vantaxe sobre a CDU que co 10,6% queda en dous asentos, os mesmos que consegue o CDS-PP, co 8,7% de votos. Para ampliar:


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: