Os populares apañan 23 escanos, con medio millón de votos por riba dos socialistas (21 asentos).Os populares apañan 23 escanos, con medio millón de votos por riba dos socialistas (21 asentos).
Á espera de completar o escrutinio, destaca a nivel estatal a forte caída experimentada polo PSOE, arredor de cinco puntos porcentuais, 700 mil votos por baixo das cifras marcadas en 2004, cando 6,7 millóns de electores (o 43,46%) lle outorgara o seu apoio aos socialistas. O PSOE obtén deste xeito un total de 21 escanos (en 2004 gañara 25) **
Nese escenario, o PP convértese na forza máis votada mantendo practicamente os mesmos números conseguidos hai cinco anos, cando 6,3 millóns de votantes escolleran a papeleta dos populares (o 41,21%). O PP chimpa así aos 23 escanos no Europarlamento. No conxunto do Estado o PP obtivo o seu mellor resultado porcentual en Murcia (máis do 60%). Alén de en Galiza, os populares chimparon a barreira do 50% tamén na Comunidade Valenciana, Cantabria, Castela e León, Castela-A Mancha e A Rioxa.
Como terceira lista máis votada aparece a Coalición por Europa (CiU e PNV fundamentalmente e CC), que iguala practicamente os datos marcados por Galeusca hai cinco anos e colleita 2 escanos. Atrás chega IU-ICV, que malia perder case cen mil votos consegue 2 escanos no Parlamento Europeo. Como quinta forza e máis de 400 mil votos aparece UpyD, que deste xeito obtén representación e levará un eurodeputado. Finalmente, a sexta forza é a coalición Europa dos Pobos (na que se integra o BNG), que sobe dos 380 mil votos e consegue o asento prognosticado. A máis distancia e xa sen representación, a sétima forza en liza é a Iniciativa Internacionalista, con algo máis de 170 mil votos.
**En 2004 o Estado Español escollía 54 escanos para o Parlamento Europeo. En 2009 só se reparten 50 asentos.