Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Para investigar o seu asasinato

Exhuman os restos de Víctor Jara

O xuíz pretende resolver a autopsia "superficial" realizada no seu día. Polo caso só está detido e procesado o ex soldado José Adolfo Paredes.

Redacción - 08:00 05/06/2009

Os testemuños revisados na causa xudicial polo caso do asasinato do cantautor chileno, recollen que Víctor Jara estivo nun estadio cuberto do centro de Santiago de Chile, por aquel entón adicado a centro de torturas polos golpistas. O cantante fora trasladado aló o 12 de setembro de 1973, o día despois do golpe liderado por Augusto Pinochet contra Salvador Allende.

Na causa, polo de agora só existe unha persoa detida e procesada, o ex soldado José Adolfo Paredes, malia existir constancia da intervención de máis persoas no asasinato. De xeito concreto, a autopsia ordeada trataría de botar luz sobre o acontecido. A investigación recolle a presunta intervención dun oficial, non identificado aínda, que tería sido protagonista das torturas ao cantautor, asasinándoo primeiro e ordeando despois rematalo aos demais soldados presentes.

Avalíase que até 5 mil persoas puideron pasar durante aqueles días por este centro de reclusión e tortura, situado ademais nas proximidades do pazo presidencial. En 2003, e no marco dunha homenaxe ao músico, o trinta aniversario daqueles días foi recordado cunha homenaxe a Víctor Jara, e o rebautizo das propias instalacións deportivas co seu nome. Recentemente, a súa viúva recibiu de mans da presidenta Michelle Bachelet, a nacionalidade chilena.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: