A deputada socialista Carme Gallego acusa ao Goberno de “tirar” o Plan de Residuos que o bipartito consensuara cos ecoloxistas.
Os socialistas pensan que o Goberno ten previsto readmitir a dous técnicos despedidos hai cinco meses de Sogama por ter, supostamente, ocultado analíticas que demostraban a existencia de vertidos tóxicos no vertedoiro da Areosa (Cerceda). O bipartito acusou naquel momento a Ramón Pérez Mariño, xefe da área técnica, e a outro técnico de ser os responsábeis de ter agochado analíticas dende 2003. O anterior presidente de Sogama, Xosé Álvarez, decidiu despedir os dous traballadores e enviou ao xulgado un infome co sucedido.
A deputada socialista Carme Gallego sinalou que é imposíbel que en seis meses o Goberno tramite un novo Plan Galego de Residuos e lamentou que tire o que elaborou o bipartito e que estaba a piques de aprobarse:"Estaba debatido coas organizacións ecoloxistas e apostaba pola redución, a reciclaxe e a educación ambiental", resaltou, e reprobou que a nova Administración galega "non o vaia ter en conta" e decida "tirar con todo o xa feito".