Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
APOIA A CREACIÓN DUN ESTADO

Obama: "A situación do pobo palestino é intolerábel"

O discurso do presidente norteamericano na Universidade do Cairo foi ben recibido na ANP e mesmo en Hamas, que ve "cambios tanxíbeis".

Redacción - 19:00 04/06/2009

O presidente de EEUU, Barack Obama, defendeu este xoves nun discurso dirixido ao mundo musulmán na necesidade de que coexistan un Estado israelí e outro palestino como única solución posíbel ao conflito en Oriente Medio: "a situación do pobo palestino é intolerábel, e EEUU apoia a lexítima aspiración palestina á dignidade, e a un Estado propio". Nunha das declaracións máis firmes sobre o asunto pronunciadas por un mandatario estadounidense, Obama tamén declarou que os EEUU "non aceptan a lexitimidade" dos asentamentos israelís e "é hora de que estes asentamentos se deteñan".

O que non fixo Obama, como xa anunciara a Casa Branca, foi presentar un plan de paz, algo que desexaban moitos dos países árabes. Tamén lles realizou esixencias aos palestinos, aos que advertiu que deben "abandonar a violencia". Despois dirixiuse en concreto a Hamas, a quen cominou a recoñecer "o dereito a existir de Israel".

O discurso de Obama na Universidade do Cairo durou 55 minutos e foi retransmitido en todos os países musulmáns, a quen se dirixiu. Obama defendeu que os Estados Unidos non son inimigo do islam; explicou en en norteamérica viven sete millóns de musulmáns e que as leis estadounidenstes permitiron, por exemplo, "que as mulleres e as nenas porten o hijab e que se persiga a todo aquel que trate de evitalo". Ademais, púxose a si propio como exemplo: "Eu son cristián, pero na familia de meu pai, que naceu en Kenia, había musulmáns e eu que me chamo Barack Husein Obama chegeui a ser presidente dos EEUU".

Obama tamén se dirixiu a Irán, sobre o que dixo que "todas as nacións teñen dereito a desenvolver a súa capacidade nuclear pero só se se comprometen a respectar os pactos de non proliferación de armas nucleares". Sobre Iraq e Afganistán afirmou que os EE.UU. non buscan quedar alí: "Non queremos deixar as nosas tropas en Afganistán. Non buscamos crear bases militares alí".

Reaccións
O presidente da Autoridad Nacional Palestina, Mahmoud Abbas, eloxiou o discurso de Obama: "Son palabras claras e francas. É un paso político innovador e un bo comezo sobre o que se debe construir". El líder palestino dixo que o discurso rompeu coa "política parcial precedente" dos Estados Unidos. Pola súa banda, Hamas, a través do seu portavoz Fawzi Barchum, advertiu un "cambio tanxíbel" no discurso, mais tamén "contradicións".

Dende a banda de Israel, expresouse a "esperanza de que o importante discurso do presidente Obama conduza efectivamente a unha nova era de reconciliación entre Israel e o mundo árabe e musulmán". Porén, dende os grupos máis extremistas acusouse a Obama de "dar prioridade ás mentiras árabes sobre a verdade xudea", en palabras do líder dos colonos que viven en asentamentos en terra palestina.


4,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: