O equipo que selou as fendas do petroleiro afundido en Galiza será un dos integrados nos traballos, nunha zona complicada pola profundidade das augas.
As autoridades comunicaron xa que se descarta a posibilidade de atopar ningún pasaxeiro vivo do Airbus accidentado ao comezo desta semana. De feito, as últimas investigacións sinalan que o avión puido estoupar e desintegrarse xa no aire. Así o confirmaría a ampla zona, de até máis de 200 quilómetros, onde se espallan algúns dos restos atopados.
A prioridade nesta altura é a búsqueda das caixas negras do aparato, que emiten un sinal e seguirano facendo até trinta días despois do accidente. Así e todo, o buque que máis perto está da zona capaz de levar acabo tal desafío viaxa agora desde as Azores e non chegará antes dunha semana ao lugar. Trátase do Porquoi pas. A bordo leva entre outros o submarino Nautile e o robot Victor 6000.
O Nautile foi xustamente o aparello utilizado no seu momento para selar as fendas do Prestige, afundido fronte á costa galega. Avalíase que os restos se espallan nun área de profundidades de entre 3 e até 5 mil metros. O equipo do Porquoi pas pode traballar en profundidades deica os 6 mil metros. O achado das caixas é fundamental para saber o que aconteceu.
Para ampliar: