Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Atentos á Varada

A billarda volveu ter os seus Play Off, coroando a Geni e a Rubén como campións absolutos

Os Paquete Pinchas, da Conferencia Sur, proclamáronse campións nacionais por equipos. Esta conferencia foi a mellor da Gran Muiñada da LNB.

Redacción - 11:40 01/06/2009
No medio da loita por levar o trofeo da LNB 08/09

No medio da loita por levar o trofeo da LNB 08/09

Se non puidestes asistir aos Play Off finais da Liga Nacional de Billarda (LNB), e non vistes saír os sinais de fume do estadio de Conxo (Compostela), aínda así podedes coñecer os campións nacionais deste ano.

No campo de terra batida de Conxo competían as mellores palanadoras das tres conferencias (NorLeste, NorOeste e Sur), entre elas; os mellores palanadores das tres conferencias, entre eles; e os mellores equipos das tres conferencias, entre eles. O que de aí había saír sería o mellorciño da LNB.

Finalmente, de mañá, Geni, dos Billardeiros Musicais (Conferencia NorLeste) proclamouse campioa nacional da categoría feminina. Os Paquete Pinchas (Conferencia Sur) gañaron os Play Off finais por equipos; e Rubén, dos Lideiras (Conferencia Sur) proclamouse campión nacional na categoría masculina e na final de varados.


Ligazóns

5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Geni erguendo o seu trofeo de campioa nacional absoluta de billarda
Geni erguendo o seu trofeo de campioa nacional absoluta de billarda
Os Paquete Pinchas, erguendo o seu
Os Paquete Pinchas, erguendo o seu
E Rubén, collendo o seu de mans de Markytos, quen se proclamara campión absoluto o ano pasado
E Rubén, collendo o seu de mans de Markytos, quen se proclamara campión absoluto o ano pasado