Entre 1997 e 2001 e sendo concelleiro de Urbanismo e coordinador da asociación creada por Ourense, Coles e A Peroxa para a xestión do plan Proder.
Enrique Nóvoa
Tres millóns de pesetas daquel tempo financiaron "en concepto de ampliación de restaurante, un investimento de seis millóns para o bar Amador de Cudeiro, en Coles, propiedade do irmán de Enrique Nóvoa, actual voceiro municipal do PP no Concello de Ourense.
O asunto revélao este sábado o diario El País que na mesma información que lles recomendamos consultar, Enrique Nóvoa outorgou fondos da UE a un bar da súa familia, faise eco doutros negocios particulares de alcaldes do PP na provincia de Ourense que recibiron cartos desviados de axudas da Unión Europea. Entre os casos mencionados aparecen os dos rexedores de Pereiro de Aguiar, Calvos de Randín, Vilamartín de Valdeorras ou A Mezquita.